Visita o noso arquivo

A pelicula “A última viaxe do Afiador”, rememora o camiño emprendido polo afiador ourensán Armando Álvarez hai medio século. Ademáis desto, a pelicula – documental tratará moitas máis historias de afiadores que, ao igual que Armando, saíron desde as montañas ourensanas na procura dun futuro.
Outro dos protagonistas é Augusto, de 77 anos (Orixinario de O Burgo-Ourense) que camiñou e afiou polas favelas do Brasil. Tamén falamos con Isolina de Vilamaior de 97 anos cuxo pai emigrou de afiador a Bos Aires (Arxentina) no ano 1915 ,xusto antes de nacer ela, e o que coñeceu sete anos despois de vir o mundo,cando él regresou a casa por primeira vez . Coñecemos a historia de “Toribio”, afiador de Castro Caldelas que no ano 1965 en Caracas (Venezuela ) e logo de afiar unha ducia de coitelos a unha señora, dixolle :” Señora , va a ver usted como muere un hombre” e cravouse un coitelo no corazón … Cando lle preguntamos a Pepe Carballo ,o seu colega, polo motivo, dixo : ” Tiña 45 anos e deuse conta de que se lle pasara o tempo. Non tiña muller, nin fillos, estaba a milleiros de kilómetros da casa … pasará a súa vida solo, camiñando e afiando …”
SEGUIMOS GRAVANDO …

  • Nombre (Obligatorio)

  • Email (Required, but not published)

  • Url (Opcional)

  • Comentar (Obligatorio)