Visita o noso arquivo

Logo da expectación colleitada os pasados días, coa presentación da gravación da película – documental “A última viaxe do afiador”, o equipo, que emprendeu camiño o sábado 16, continúa co seu traballo xa de cheo por terras de castela. Un día antes, o venres, o equipo da rodaxe tomaba os últimos recursos na casa do noso protagonista, Armando Álvarez, situada na parroquia de San Xurxo, no Concello de Chandrexa de Queixa.

As máxicas paraxes da Ribeira Sacra foron testemuña directa do paso dos afiadores que, ao longo dos anos, abríanse camiño para deixar atrás Ourense, na procura dun futuro no cal a roda de afiar era a protagonista. Posteriormente, o equipo tomou o tren que une Galicia con León, para continuar coa gravación, xa que a partir dos anos 50 do século pasado, era habitual que os afiadores colleran o tren que os deixaría en distintos pobos da comunidade veciña. Así o tamén fixo Armando Álvarez.

Estes días a gravación se centra en Villamartín de Campos, unha vila do sur da provincia de Palencia, na comarca de Tierra de Campos. Dende alí, percorremos dous pobos máis da zona, Ampudia e Autilla del Pino. Nestes pequenos núcleos, fúndense maratonianas xornadas de traballo, coas satisfaccións que produce o feito de rememorar a épica historia dos nosos afiadores, e é que non é extraño que haxa persoas que recoñezan a Armando, coma un señor que o luns díxolle “usted era el afilador que vino aquí en los años 50″.

A gravación continúa o seu rumbo, e recordemos que o final está programado para o pregón das Festas de Ourense, que será a homenaxe do pobo ourensán ao noso protagonista Armando Álvarez.

  • lurdes Jun 22, 2012 Reply

    Ola xikos somos d tardajos las xikas dl currito kisieramos saber cuando y dnd va a salir la istoria de armando l ultimo afilador esperamos k nos contxteis gracias y buen camino suerte

  • David Alonso Aug 31, 2012 Reply

    Me encanta esto que estáis haciendo sobre os afiadores. Mi padre era muy amigo de Armando. Mi padre es hijo de un afiador, Domingo Alonso, que salió de Mouruas a principios de siglo y fundo una cuchillería en Palencia en 1936 (Mi hermano, tercera generacion de afiladores, me comentó que grabasteis por allí).
    Gracias.

    • Boneca Lareta Sep 6, 2012 Reply

      Gracias a vosotros !!!
      Iremos colocando en esta página web la evolución del proyecto todas las semanas .Por aquí podeis seguir como va . Gracias de nuevo y salúdos!!!

  • Nombre (Obligatorio)

  • Email (Required, but not published)

  • Url (Opcional)

  • Comentar (Obligatorio)