A Última Viaxe do Afiador

“Queicoa”, significa en Barallete, a lingua dos afiadores; Deus, heroe, loitador, ser grande, mítico. Dende hai máis de tres séculos ata os nosos días, aos vellos afiadores de moita sona, moitos camiños e milleiros de quilómetros as suas costas, chámanlles“Queicoas”.

Eran homes bravos, duros, curtidos de traballar nos campos dunha das zonas máis probes de Europa. Por iso as montañas galaicas cuspíanos ao mundo en viaxe a ningunha parte e coa única compaña do xirar dunha roda.

Se camiñaban, soñaban.
Se afiaban, vivían.
Se paraban, perecían.

Esta é a súa historia e estos son os seus rostros…

VER TRAILER

PROXECTO “ACHEGA”

A través da longametraxe documental “A última viaxe do afiador” presentamos o proxecto ACHEGA dirixido a concellos, universidades, institutos, centros culturais…

Este proxecto consta dunha serie de actividades (Cinema de verán, unidades didácticas primaria, secundaria…) que pretenden a través da linguaxe cinematográfica achegar ao público o noso patrimonio cultural e etnográfico.

As actividades incluen a proxección do documental, coloquio co director e equipo da película, mostra de rodas de afiar do museo “Florencio de Arboiro”…

Para solicitar máis información

bonecalareta@gmail.com

 

Ficha Técnica / Specification Sheet

Productora / Production Company:  BONECA LARETA

Director / Director:  AITOR REI

Guión / Screenplay:  AITOR REI

Fotografía / Cinematography:  MIGHELE DE CURRÁS

Dirección Artística / Art Director:  MIGHELE DE CURRÁS, AITOR REI & MARIA FANDIÑO

Música / Music:  ANXO GRAÑA

Son / Sound:  PABLO VIÑA

Montaxe / Editing:  AITOR REI, MIGHELE DE CURRÁS & OMAR RABUÑAL

Séguenos en FACEBOOK, VIMEO,  YOUTUBE