Auria III

 

AURIA III completa unha triloxía de espectáculos que pretenden ser unha viaxe pola cidade de Ourense a través dos tempos.
Nesta última parte cobran vida os seres mitolóxicos que habitaron e honraron as súas augas. Os ourensáns e ourensás que no ano 1467 se xuntaron en Santa Irmandade para derrubar o Castelo Ramiro de onde partían abusos e inxustizas. Polos ceos da Praza Maior podemos ver a Mateo Pemán , o ourensán que soñaba con voar e voou. Tamén emitimos sons prohibidos con acordes prohibidos nun berro indíxena de liberdade e transgresión. E ,como non,miramos o futuro sen saber se subimos ou baixamos aínda que polo de agora estar, estamos …