FILOSOLFANDO

Luis Iglesia e  Xabier Deive teñen o pracer de presentar FILOSOLFANDO. Benvidos a bordo elexidos e elexidas, por fin chegou a vosa oportunidade!
Deixade o lastre en terra e preparádevos para embarcar na viaxe das vosas vidas. Porque vós sodes o Prestixio Galego!!!

Xa abonda de afogar nos mares do pensamento. Hai que loitar contra o mar revolto da desesperación, contra a maruxía do pesimismo, contra as ondas de 6 a 8 metros da submisión. Temos que saír a flote, achicar a auga, izar as velas, coller o temón e ir na procura de ventos máis saudables.

– Pode un galego resolver os problemas do mundo?
– Ai, iso depende. Que o galego non da puntada sen fio. A cousa e que hai demasiada costura solta polo mundo adiante.

Escrito e dirixido por Diego Rey.