Visita o noso arquivo

Armando Alvárez adicou toda a sua vida o oficio de afiador . O 17 de Xuño de 2012, case oitenta anos despois do seu nacemento iniciará a que será a sua última viaxe. Este último andar non lle será alleo nin descoñecido xa que terá o mesmo itinerario que no ano 1954 cando partiu xunto con seu pai, cada un con unha roda de afiar, e con só 18 anos de idade da aldea de Sanxurxo (Ourense ) con destino a Palencia ,Burgos ,Madrid …

A vida de Armando, camiñando e afiando, os seus setenta e seis anos de idade polos lugares polos que transitou hai máis de medio século será o fio conductor da nosa película documental .

Oito días de vivencias en directo dun oficio case extinguido e que foi símbolo e bandeira da emigración galega polo mundo durante os últimos tres séculos.

Tamén lembraremos outras historias dos afiadores polo mundo. Viaxaremos a La Habana (Cuba) onde recollemos o testimonio de Orlando Alonso, fillo de Xoán Manuel Alonso García que partiu da aldea de Vilamaior Castro Caldelas ( Ourense ) no ano 1923 e que afiou durante toda a sua vida nas rúas de La Habana (Cuba )…

Ou o grupo de afiadores de Castro Caldelas que sairon a afiar a Venezuela e como “repartiron “ o país … uns quedaron en Caracas outros foron para Maracaibo outros para as “ Illas Margarida “ ….

Estas son só algunhas das historias e sucesos que como pezas dunha roda xirarán a través da última viaxe de Armando Alvárez. Dende a historia viva ,a lembranza dos tres últimos séculos , dunhos homes que camiñaron e afiaron polos cinco continentes, convertindose en embaixadores dun povo ,dunha terra e dunha cultura.

Como escribía o historiador e antropólogo Florentino L. Cuevillas (1886-1958) cando fala dos afiadores e do sua orixe …

… Máis ninguen se atreveu a furgar na alma desa terra, nai de homes en camiño, nai de emigrantes para todo o mundo, terra lembrada en Nova York e no Kalahari, en Singapur e no Gobi, nas rúas de Viena, nas brancas cidades de Arabia e no mato amazónico… Moito hai que falar dunha historia que comenza con eremitas contemporáneos dos da Tebaida e na que hoxe viven moitos homes que son héroes descoñecidos de novelas que non se escribiron .

(Do prólogo de Ribeirana do Sil).

  • […] comezou vai 300 anos e que rematou en lugares tan dispersos coma Nova York, La Habana… Para A última viaxe do afiador, un proxecto do que hoxe puidemos ver un máis que interesante adianto, percorreu un longo camiño […]

  • […] documentais, que daran que falar no ano 2013; “Entre paradas” de Toño Chouza, e “A última viaxe do afiador” de Aitor Rei, así como para presentar o proxecto de distribución, co Festival de cine […]

  • Nombre (Obligatorio)

  • Email (Required, but not published)

  • Url (Opcional)

  • Comentar (Obligatorio)