a

Seguimos adiante coa ilusión

A pandemia non parou nin un minuto as nosas gañas de crear e repartir ilusión. A nosa empresa foi seleccionada polo concello de Ourense para o deseño e creación da escenografía coa que os Reis Magos recibiron aos nenos e nenas da cidade. A Cabalgata estática celebrouse no Auditorio de Ourense o día 5 de xaneiro de 2021 en horario de mañá e tarde. Moitas grazas a todas e todos pola fantástica acollida!