a

Blog single

Exposición “Plástica Castrexa”

Desde a produtora Boneca Lareta tivemos a honra de ser seleccionados polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense para levar a cabo a realización audiovisual do vídeo da exposición ” Plástica Castrexa”. Os últimos meses estivemos gravando por Galicia e Portugal para contar e transmitir un pedaciño da nosa historia. Agradecidos pola oportunidade ao equipo técnico do Museo e a toda a xente que o fixo posible. Recomendamos moito visitar esta fantástica exposición!