a

Quen somos

Creamos, ideamos e producimos cine, televisión, publicidade, espectáculos, programacións culturais e festivais de teatro de rúa.

A produtora Boneca Lareta nace no ano 2010 como un proxecto artístico multidisciplinar. Unha fábrica de ideas onde operan diferentes creadores cunha ollada propia e aberta ao mundo.  Un equipo que mestura madurez e experiencia; mocidade e dinamismo; profesionalidade e versatilidade. As nosas producións levan percorrido diferentes países como EE.UU, Italia, Austria, Colombia, Grecia, Uruguai, Canadá, España e México entre outros. Entre os nosos clientes figuran: History Channel , TVE (Televisión Española), TV3 (Televisió de Catalunya), Euskal Telebista (ETB), A Punt Media (Televisión Valenciana), Inditex, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Deputación de Ourense … E máis de 200 concellos repartidos por toda a xeografía española.

Creamos, ideamos e producimos cine, televisión, publicidade, espectáculos, programacións culturais e festivais de teatro de rúa.

A produtora Boneca Lareta nace no ano 2010 como un proxecto artístico multidisciplinar. Unha fábrica de ideas onde operan diferentes creadores cunha ollada propia e aberta ao mundo. Un equipo que mestura madurez e experiencia; mocidade e dinamismo; profesionalidade e versatilidade.

As nosas producións levan percorrido diferentes países como España, Italia, Austria, Colombia, Grecia, Uruguai, Canadá e México entre outros.

Entre os nosos clientes figuran: Inditex, Xunta de Galicia, TV3 (Televisió de Catalunya), Euskal Telebista (ETB), A Punt Media (Televisión Valenciana), Deputación da Coruña, Deputación de Lugo, Deputación de Ourense … E máis de 200 concellos repartidos por toda a xeografía española.

Que servizos ofrecemos?

Creación de documentais para cine e televisión.

Dirección, produción e organización de espectáculos de gran formato.

Programación e produción cultural de diferentes disciplinas artísticas.

En que podemos axudarche?

Encántanos falar coa xente, relacionarnos e poñer ideas en común. Se tes un proxecto no que poidamos colaborar, non dubides en poñerte en contacto connosco.

O noso compromiso

Honestidade, profesionalidade e traballo.

A nosa maneira de vivir é buscar historias que contar.

Onde estamos?

Rúa Bedoya 27, baixo.

C.P: 32004 OURENSE

En que podemos axudarche?